"Matria" é unha película dirixida por Álvaro Gago e protagonizada por María Vázquez, Soraya Luaces, E.R. Cunha 'Tatán', Susana Sampedro e Santi Prego, entre outros.

Dedicada a todas aquelas "mulleres que sosteñen o país na sombra", recolle o espertar dunha traballadora galega (Ramona) que loita polo seu porvir, por medrar persoalmente e romper as barreiras que a asfixian. A muller, que sacrifica todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara a dentro e a pensar que talvez haxa algo novo polo que vivir.

Máis eventos

Ver máis eventos