Proxección do filme 'Inferno baixo a auga' (2019), de Alexandre Aja
Engadir ao meu calendarioCasa das Campás, Pontevedra
Casa das Campás, Pontevedra
Desde o rexistro dos fenómenos atmosféricos e das súas consecuencias, á denuncia do impacto da acción humana sobre os ecosistemas, pasando pola ideación de futuros distópicos. A relación entre o ser humano e o medio ambiente foi abordada desde múltiples ópticas e perspectivas ao longo da historia do cine. Amosar algunhas das rutas escollidas por cineastas de diferentes épocas para abordar estas cuestións é o obxectivo de Sobre vivir, o ciclo de cinema de outono da Vicerreitoría do campus.
Promovido coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións que se verán complementadas por un coloquio, integran a programación que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e xaneiro.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, este ciclo busca presentar unha escolma de filmes cos que afondar nesa “aproximación aos conceptos de medio ambiente e ecosistema", que, con frecuencia, "o ser humano entende como algo externo a el", como sinala o seu coordinador, Suso Novás. A través de longametraxes de diferentes épocas, esta programación busca amosar esa relación como un elemento "transversal, que vai máis aló dos xéneros e que pode abranguer reflexións de natureza política, ideolóxica ou mesmo apocalíptica”, engade o tamén codirector do festival Novos Cinemas.
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio da Xunta na rúa Benito Corbal, Pontevedra
Facultade de Comunicación, Pontevedra
Colexio Calasancio de Pontevedra