Procesión da Virxe das Dores
Engadir ao meu calendarioIgrexa de San Xosé ata a Peregrina

Igrexa de San Xosé ata a Peregrina
A procesión da Virxe das Dores percorrerá este venres as rúas de Pontevedra.
Será a cuarta ocasión na que a Confraría de Nuestra Señora del Amor Hermoso procesione esta imaxe na véspera do período Pascual.
Ás oito da tarde sairá da igrexa de San Xosé de Campolongo para percorrer a praza da Constitución, a praza de Galicia, a rúa Andrés Muruáis, Peregrina ata a praza da Peregrina onde terá lugar o sermón antes de regresar ao punto de saída.
A Confraría da Nuestra Señora del Amor Hermoso celebrou o ano pasado o 25 aniversario da súa constitución, sendo por tanto a mais "nova" da Semana Santa da cidade.
Habitualmente desfila sempre en primeiro lugar das distintas procesións nas que participa os días de Xoves Santo e Venres Santo co seu hábito composto por unha túnica morada, cíngulo branco, capuz morado, capa branca, luvas brancas e varal con farol.
Igrexa de San Xosé ata a Peregrina
Máis eventos
Ver máis eventosMuseo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Museo Manuel Torres, Marín