'A Noite dos Calacús' recupera a Procesión das Ánimas, coñecida tamén co nome da Santa Compaña. Unha procesión silandeira que auguraba a morte e que agochaba o perigo de facer que quen se cruzase con ela acabase encabezando o desfile de defuntos.

Para o lecer e para arredar o medo a morrer, esta tradición ancestral percorrerá de novo as rúas do centro histórico. Coa participación da Aula Municipal de Teatro de Pontevedra. Música a cargo de Adarve.

Para participar hai que ter ganas de pasalo de medo e vestir sabas, camisóns, roupas brancas, disfraces de pantasma... entre outras posibilidades.

Percorrido: do Mercado á Ferraría, pola rúa Real, praza de Curros Enríquez e Soportais. Da Ferraría ao Mercado pola rúa San Román, praza da Verdura e rúas Padre Sarmiento e César Boente.

Máis eventos

Ver máis eventos