Presentación de 'As horas mortas', de Emma Pedreira
Engadir ao meu calendarioLibraría Paz
Libraría Paz
A escritora Emma Pedreira presenta o seu novo libro As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos (Baía Edicións) o sábado 28 de decembro ás 12:30 horas na sala personalizada do Tanatorio San Marcos
Este libro percorre unha pequena parte dos máis de 3.600 cemiterios de Galicia, dende o pontevedrés de San Amaro ata un dos cemiterios máis pequenos do mundo.
A autora viaxa, ás veces soa e outras acompañada por persoeiros vencellados ao camposanto que visita, para coñecer máis de cerca as lendas e as historias reais.
Así, Emma Pedreira achega á literatura unha viaxe única e persoal, reflexiva e subxectiva moitas veces, literaria e artística outras.
Para iso faise acompañar dun caderno de notas e de voces de poetas, narradoras, docentes e xente do mundo da plástica, pero tamén historiadoras, persoal sanitario, enterradores, sancristáns, campaneiras, arquiveiros achegan a súa perspectiva persoal sobre a morte.
Con motivo da presentación do libro, a autora e o sepultureiro municipal Francisco Abuín levarán a cabo unha visita guiada ao cemiterio pontevedrés de San Amaro.
A visita está organizada por Libraría Paz, Baia Edicións e o Concello de Pontevedra.
Para participar requírese inscrición previa no correo [email protected].
Libraría Paz
Máis eventos
Ver máis eventosTeatro Principal de Pontevedra
Auditorio Afundación de Pontevedra
Auditorio da Azucreira de Portas