Presentación do libro sobre Marcial del Adalid
Engadir ao meu calendarioMuseo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra acolle a presentación do libro Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, da musicóloga Laura Touriñán Morandeira.
O acto contará con Alejo Amoedo ao piano, que interpretará pezas do compositor, pioneiro na incorporación á música académica da lingua galega e das nosas melodías populares, e un dos creadores máis relevantes da escena peninsular do seu tempo.
A investigadora estará acompañada polo presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; e o musicólogo e académico Fernando López-Acuña.
Autor de preto de 300 títulos coñecidos, a práctica totalidade das composicións de Marcial del Adalid (1826-1881) consérvase na Real Academia Galega, que custodia dende 1928 un conxunto bibliográfico e arquivístico do músico que fan dela a institución de referencia para os estudos sobre o autor.
A RAG facilita o acceso a este rico fondo na páxina marcialdeladalid.academia.gal, unha web na que tamén se poden descargar outros contidos relacionados co compositor, entre eles Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, publicado na colección Anexos BRAG.
Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra
Facultade de Belas Artes