Ponteatro: 'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra
Esta nova tempada de Ponteatro achegará 6 espectáculos arriscados que combinan diversas artes escénicas e xéneros teatrais entre o 20 de febreiro e o 3 de abril.
Este xoves, 20 de marzo, o Teatro Principal acolle a obra 'Reconversión', de Ibuprofeno Teatro.
Trátase dun exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo. 'Reconversión' é unha viaxe desde a posguerra ata o 'felipismo' dos 80, pasando pola auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista.
Un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Dirección e autoría: Santiago Cortegoso. Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, DavideGonzález, Fran Lareu e Nani Matos.
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Casa do Pobo de Cerponzóns, Pontevedra