Esta nova tempada de Ponteatro achegará 6 espectáculos arriscados que combinan diversas artes escénicas e xéneros teatrais entre o 20 de febreiro e o 3 de abril.

Este venres, 28 de marzo, o Pazo da Cultura acolle a obra 'Os Miserábeis', da Compañía do IES Illa de Ons (Bueu).

Adaptación propia, integramente en galego, a partir dunha revisión contemporánea e feminista da novela do escritor francés Víctor Hugo.

A historia, que na súa orixe transcorre na Francia do século XIX e das revolucións de 1830, trasládase agora a un ambiente máis galego, con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo.

Texto orixinal: Víctor Hugo. Adaptación: Catuxa López Pato. Dirección e dramaturxia: Alumnado e profesorado do IES Illa de Ons.

Pazo da Cultura de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos