PonteAndada: Ponteverde - Bora
Engadir ao meu calendarioPavillón Multiusos da Xunqueira, Pontevedra

Pavillón Multiusos da Xunqueira, Pontevedra
O programa de sendeirismo PonteAndadas volve este 2025 cunha nova edición que contará con oito rutas por distintas parroquias de Pontevedra, mantendo a súa aposta polos hábitos de vida saudables e o coñecemento da contorna natural e cultural das parroquias pontevedresas.
A iniciativa está organizada polo Concello de Pontevedra en colaboración co club de sendeirismo Naturgaliza,
A primeira cita será o 30 de marzo, coa ruta Ponteverde en Bora, que se recupera en homenaxe ao seu décimo aniversario. (Recorrido circular, dificultade baixa. Duración: dúas horas e media)
As camiñadas inclúen un quecemento con zumba para todo aquel que o desexe, e a organización facilitará ás persoas participantes bolsas e luvas para recoller o lixo que atopen durante o percorrido —en caso de querer facelo—.
As inscricións téñense que facer no correo electrónico ponteandadas@gmail.com ou no teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda "Naturcamiña" nas Galerías Peregrina, número 3. Por participar na camiñada hai que pagar 2 euros para o seguro.
Pavillón Multiusos da Xunqueira, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín