Pequenas grandes maxias é unha viaxe aos soños do Mago Teto que fará ao espectador atravesar o espello do mundo real ao da fantasía para sentir unha serie de emocións únicas.

Viaxes imposibles de elementos dos espectadores, ruletas rusas canto menos curiosas, predicións dos números dun sorteo de lotería moi peculiar, estrañas coincidencias e incluso o intento por parte do mago de explicar algún xogo poderanse ver nos 75 minutos de maxia e humor deste espectáculo.

É o show máis persoal e novidoso do Mago Teto.

Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, Cuntis

Máis eventos

Ver máis eventos