O Ateneo de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Internacional Baltasar Garzón (FIBGAR) organiza a palestra 'A Xustiza, é xusta?'.

Estará presentada por Carmen Durán e na que intervirán Baltasar Garzón (xurista), Sonia Rodríguez (profesora de Filosofía do Dereito da USC) e mais Xulio Ferreiro (decano da Facultade de Dereito da UDC).

A entrada é libre ata completar capacidade. 

"Non hai democracia sen xustiza democrática. O que semella unha redundancia non o é. Analizar o papel da xustiza na Transición, a importancia da independencia do poder Xudicial enfronte do poder Lexislativo e Executivo, as herdanzas do franquismo na arquitectura xudicial do presente, a actuación e comportamento dos distintos órganos xudiciais, conforman o propósito desta palestra A Xustiza, é xusta? pertencente ao ciclo Transición Política e Democracia, organizado polo Ateneo de Pontevedra durante este 2025.

Salón de actos do Edificio da Xunta en Benito Corbal

Máis eventos

Ver máis eventos