Palestra 'As sombras da Transición na Democracia Española'
Engadir ao meu calendarioCasa das Campás, Pontevedra

Casa das Campás, Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a palestra 'As sombras da Transición na Democracia Española' na que intervirán Carlos Velasco Souto (profesor titular de Historia Contemporánea da Universidade de A Coruña) e Carlos Fernández Liria (profesor de filosofía na Universidade Complutense de Madrid, ensaísta, guionista, teórico do 15M).
O acto terá lugar na Casa das Campás con entrada libre ata completar capacidade.
Baixo o ciclo Transición Política e Democracia, organizado polo Ateneo de Pontevedra durante este 2025, esta terceira palestra recollerá as reflexións xeracionais de dous estudosos académicos procedentes do ámbito universitario arredor do feito histórico da Transición, as súas motivacións e consecuencias.
Trátase dunha palestra máis analítica e teórica sobre a Transición que intentará responder ás preguntas: Como se fixo a Transición? Por que se fixo dese xeito? Podíase facer doutra maneira?
Casa das Campás, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosMuseo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Museo Manuel Torres, Marín