Este encontro de música tradicional contará coa actuación de grupos como Ventureira (Dena), Picuíña (Marín) e @s Folieir@s (Lavadores), a partir das 11.00 horas.

Tamén haberá presentacións do álbum 'Ansuíña' do grupo homónimo de Vilanova de Arousa, a triloxía discográfica de Xoán Carlos Rilo, e unha charla do artesán Oli Xiráldez sobre a construción de instrumentos tradicionais.

Están previstas actuacións de solistas como Pedro Lamas, Pablo Carpintero, José Manuel Mojón, Sabela Olivares e Iván Costa.

A xornada conclúe cun xantar-foliada.

Máis eventos

Ver máis eventos