A 26º edición do programa Noites Abertas oferta de 107 actividades diferentes que se desenvolverán en 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo.

Cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía, obradoiros creativos son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.

Aos espazos habituais como o Froebel, o Local de Música, a Casa Azul ou os campos de herba sintética; sumaranse nesta edición o Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio de San Amaro.

Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.

Escape room "Noite meiga". 20:00 - 21:30 horas. Local de Música. Idades:12-30

Puro circo: técnicas circenses. 20:00 - 22:00 horas. Froebel. Idades:16-30

Danzas urbanas: Hip Hop. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Aprende a facer un tear e un tapiz. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:16-30

Crea o teu parche upcycling. 20:30 - 22:30 horas. Froebel. Idades:12-30

Repostaría galega: queixada vs torta de nata. 20:30 - 22:30 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Tenis de mesa libre. 20:30 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Pintura de miniaturas: wargames e escenografía. 22:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30

Bádminton libre. 22:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30

Distintos espazos da cidade de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos