A 26º edición do programa Noites Abertas oferta de 107 actividades diferentes que se desenvolverán en 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo.

Cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía, obradoiros creativos son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.

Aos espazos habituais como o Froebel, o Local de Música, a Casa Azul ou os campos de herba sintética; sumaranse nesta edición o Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio de San Amaro.

Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.

Serigrafía urbana. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Deseño de personaxes de banda deseñada. 20:00 - 22:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Pickleball: rei da pista. 20:00 - 22:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Luscofusco no Lérez: ruta nocturna en kaiak. 20:00 - 22:30 horas. Praia Fluvial do Lérez. Idades:18-30

Pulseiras kumihimo, trenzado xaponés. 20:00 - 21:30 horas. Casa Azul. Idades:15-30

Variadiño de meditacións: en silencio. 20:00 - 20:30 horas. Casa Azul. Idades:16-30

Espazo Aberto. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Tenis de mesa libre. 20:30 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Facemos unha arpillera. 20:30 - 22:30 horas. Froebel. Idades:16-30

Caderno acordeón con Zentangle. 20:30 - 22:30 horas. Froebel. Idades:12-30

Xardín eterno. 20:30 - 22:30 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Pans do mundo. 20:30 - 22:30 horas. Casa Azul. Idades:15-30

Variadiño de meditacións: dos sentidos. 20:45 - 21:15 horas. Casa Azul. Idades:16-30

Personaliza un neceser coa Cricut. 21:00 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Variadiño de meditacións: guiada. 21:30 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:16-30

Bádminton libre. 22:00 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Distintos espazos da cidade de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos