Noites Abertas 2025 en Pontevedra
Engadir ao meu calendarioDistintos espazos da cidade de Pontevedra

Distintos espazos da cidade de Pontevedra
A 26º edición do programa Noites Abertas oferta de 107 actividades diferentes que se desenvolverán en 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo.
Cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía, obradoiros creativos son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.
Aos espazos habituais como o Froebel, o Local de Música, a Casa Azul ou os campos de herba sintética; sumaranse nesta edición o Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio de San Amaro.
Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.
Deseño de personaxes de banda deseñada. 20:00 - 22:00 horas. Froebel. Idades:12-30
Tenis de mesa libre. 20:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30
Rastrexo: os segredos de Pontevedra. 20:00 - 21:30 horas. Alameda. Idades:12-30
Danzas urbanas: Hip Hop. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30
DJ iniciación. 20:00 - 22:00 horas. Local de Música. Idades:16-30
Eco-estampación. 20:30 - 22:30 horas. Froebel. Idades:16-30
Crea o teu cóctel sen alcohol. 20:30 - 22:30 horas. Casa Azul. Idades:18-30
Personaliza unha bolsa de tea coa Cricut. 21:00 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30
Iniciación a Magic The Gathering e xogo libre. 22:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30
Experiencia: arte e natureza. 22:00 - 23:59 horas. Casa Azul. Idades:16-30
Bádminton libre. 22:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30
Fútbol 7 mixto. 22:00 - 01:00 horas. Campos De Herba Sintética
Distintos espazos da cidade de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Auditorio de Ribadumia. O Salnés