A 26º edición do programa Noites Abertas oferta de 107 actividades diferentes que se desenvolverán en 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo.

Cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía, obradoiros creativos son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.

Aos espazos habituais como o Froebel, o Local de Música, a Casa Azul ou os campos de herba sintética; sumaranse nesta edición o Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio de San Amaro.

Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.

Tenis de mesa libre. 20:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30

Acrobacias e ximnasia. 20:00 - 21:00 horas. Froebel. Idades:16-30

Xoiería creativa con resina mineral. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Danzas urbanas: Hip Hop. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Xogos de mesa non convencionais. 20:00 - 23:59 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Observación astronómica no miradoiro do Verdugo. 20:00 - 23:00 horas. Parada de San Roque. Idades:12-30

Henri Matisse e Zentangle. 20:30 - 22:30 horas. Froebel. Idades:12-30

Desafío en realidade virtual: Beat Saber. 21:00 - 22:30 horas. Froebel. Idades:12-30

Torneo de bádminton. 21:00 - 23:59 horas. Froebel. Idades:12-30

Torneo fútbol sala mixto. 21:00 - 23:59 horas. Multiusos. Idades:12-30

Distintos espazos da cidade de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos