O Centro Cultural de Monte Porreiro acollerá a representación do espectáculo 'Merenda con pan de millo', unha proposta escénica de Migallas Teatro que forma parte da programación da Festa de Nadal organizada pola Asociación veciñal 'O Mirador' co patrocinio do Concello de Pontevedra.

A montaxe, baseada no libro-disco do mesmo nome editado por Kalandraka, combina narración oral e música en directo, utilizando como fío condutor o proceso de elaboración do pan de millo.

A produción musical corre a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.

O espectáculo inclúe a interpretación en vivo de populares temas como 'Pan de millo', 'O piollo e a pulga', 'Unha vella tiña un can', 'Que cousa, cousiña é?' e 'Miña Abuela Manuela'.

Centro Cultural de Monte Porreiro. Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos