Promover a práctica de actividade física cunha actividade dirixida a persoas de todas as idades e apoiar iniciativas sociais, como o labor que desenvolven no comedor dos Pais Franciscanos.

Estes son os dous obxectivos do Maratón Solidario de Zumba que a Universidade de Vigo promove cada ano nas datas previas ao Nadal e que celebra a súa vixésima edición.

Trátase dunha iniciativa aberta a toda a cidadanía, que poderá achegarse entre as 19.00 e as 21.00 horas polo Pavillón Universitario e sumarse, o tempo que queiran, á realización dunha serie de coreografías que combinan os exercicios aeróbicos e os pasos de baile. Para iso só terán que achegar, a modo de inscrición, un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán entregados a este comedor social.

Máis eventos

Ver máis eventos