Mar Coll, directora de títulos coma 'Tres días con la familia' e 'Todos queremos lo mejor para ella' presenta a súa nova película 'Salve María' unha historia sobre as nais arrepentidas. 

'Salve María' é candidata a 4 premios Feroz e xa foi premiada na Seminci 2024 (Mellor actriz para a súa protagonista, Laura Weissmahr) e no Festival de Locarno (Mención especial).

Sinopse: María, unha nova escritora que acaba de ser nai, tópase coa noticia dun suceso estremecedor: unha muller francesa afogou aos seus xemelgos de 10 meses na bañeira. María obsesiónase con iso, por que os matou? A partir dese momento, a sombra do infanticidio axéxalle como unha vertixinosa posibilidade.

A charla coa directora e guionista será no Teatro Principal tras ver o filme ás 19:00 horas.

Teatro Principal de Pontevedra