Hugo Guezeta en concerto na Sala Krazzy Kray
Engadir ao meu calendarioSala Krazzy Kray, Cambados

Sala Krazzy Kray, Cambados
A xira de Hugo Guezeta vai adiantando novas datas. Baixo o nome de O Noso Tempo, e tras encher dous dos tres primeiros concertos de presentación do seu novo disco, o rapeiro continúa avanzando novas paradas do seu espectáculo en vivo.
Baixo o nome homónimo do disco, Hugo presentará en directo o seu primeiro álbum, un traballo que leva adiantando dende finais do ano pasado e que viu a luz o pasado 22 de novembro. As entradas para este concerto e o resto das datas de presentación en salas están á venda en Enterticket.es.
Tras grandes colaboracións con Dakidarría, SonDaRúa, Nadie González, Temible Olivina ou Peter Petrowski, Hugo Guezeta está dando o salto ao escenario e trasladando a súa música ao directo, propoñendo un show que se caracteriza pola enerxía e versatilidade do rapeiro.
Sala Krazzy Kray, Cambados
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín