A compañía teatral Chévere convida a reflexionar sobre a in-comunicación en 'Heller Keller, a muller marabilla?', na función que se desenvolverá este sábado 23, no Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa.

O espectáculo ofrece a historia real de Keller, a primeira muller xordo-cega en obter un título universitario.

As actrices chegan a combinar a lingua de signos co idioma galego nunha orixinal proposta. 

A representación forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A función conta con bonificacións para persoas desempregadas, xubiladas e titulares do carné Xove.

Máis eventos

Ver máis eventos