As mulleres que opinan volverán ser perigosas no Teatro Principal. 

Entre os días 14 e 15 de marzo, e cunha entrada de balde até completar as butacas dispoñibles, un total de 15 mulleres pasarán polo escenario dunha cita que recupera o xornalismo no centro da súa temática, reivindicando o seu papel fundamental dentro da sociedade, ao tempo que pon o foco na investigación para publicar casos de violencia sexual ou a información internacional.

Os nomes desta edición amosan carreiras máis que coñecidas e traballos enormemente valorados polo público e a profesión, namentres tamén abre a porta a voces emerxentes dentro do xornalismo, a canteira do futuro da información e da opinión.

12:00 horas. Inauguración. Diana López e Susana Pedreira, co Concello e coa Deputación.

12:30 horas. Gañadoras do II Premio de Opinión #MulleresQueOPinan María Piñeiro e Antía Yáñez.

13:15 horas. "Coordinar unha sección de opinión", Noelia Adánez, coordinadora de opinión en Público.

14:00 horas. Pausa para xantar

17:00 horas. "Notas de voz na terraza. Opinar en videocolumna", Aida Bao, da Cadena SER.

17:45 horas. "Unha homosexualidade propia. Identidade lésbica e referentes culturais", Inés Martín Rodrigo, xornalista e escritora do Grupo Prensa Ibérica e RNE

18:30 horas. Pausa para café.

18:45 horas. "Explicar a actualidade a través do humor", Raquel Martos, xornalista e escritora de Onda Cero e infoLibre.

19:30 horas. "De Moscú a Londres pasando por Washington. O oficio de correspondente e enviada especial", Anna Bosch, correspondente e enviada especial de TVE. Escribe opinión en RTVE.es

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos