O deporte será prortagonista na primeira xornada dos Faladoiros Feministas que impulsa a concellaría de Igualdade.

O será co testemuño da karateca galega Ruth Lorenzo Couso, encargada de inaugurar o ciclo de charlas organizado no marco da programación do 8M.

Este Faladoiro Feminista abordará a consecución do principio de igualdade no mundo do deporte.

Ruth Lorenzo é a actual número un do ranking nacional de karate na categoría de kumite -55 quilos, e a 51 da clasificación internacional da World Karate Federation.

Na súa charla falará sobre a súa experiencia como deportista de elite, dos estereotipos no deporte ou das trabas que atopan as deportistas polo simple feito de ser muller.

A xornada estará moderada pola xornalista Lara Sáez.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos