Exposición solidaria cos artistas José Galarzo e Maricarmen Martínez
Engadir ao meu calendarioGranero Delmas. Galerías Oliva. Pontevedra
Granero Delmas. Galerías Oliva. Pontevedra
A Galería Granero Delmas acolle desde este mércores 18 de decembro unha mostra solidaria a prol da reconstrución do obradoiro dos artistas José Galarzo e Maricarmen Martínez en Paiporta (Valencia), destruído pola DINA do pasado 29 de outubro.
Os dous artistas, estreitamente vinculados a Galicia pola súa participación nos Encontros coa Arte do Concello de Brión, perderon o seu estudio-obradoiro, única fonte de ingresos onde impartían clases de debuxo, acuarela e cerámica.
A mostra, coordinada por Pilar Delmas e o artista Antón Sobral, reúne obras de diversos artistas galegos que se poñen á venda para recadar fondos.
Nesta mostra figuran obras de artistas como Carmen Hermo ou Mito Meijón.
s persoas interesadas en colaborar coa causa poden contactar con Antón Sobral no teléfono 629 818 199 ou no correo electrónico [email protected].
Granero Delmas. Galerías Oliva. Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosPazo da Cultura de Pontevedra
Carpa de Poio Máxico, na Seca. En Poio
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra