Espectáculo 'Da Boa Vila a La Habana' de man de Os de Algures
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal, Pontevedra
Teatro Principal, Pontevedra
Os de Algures homenaxean a figura dos homes e das mulleres que fixeron a súa vida na emigración e que deixaron pegada nas artes escénicas, musicais e líricas.
Un recoñecemento a Pondal e a Pascual Veiga, a Curros Enríquez e a José Castro "Chané" e lembrar tamén a Xosé Fontenla Leal como promotores e creadores do Himno galego.
Neste proxecto únense a música coa lírica, a danza e o teatro.
A obra ten de fondo un legado documental importantísimo.
O espectáculo está deseñado para un público de idade avanzada en especial. Os de Algures pensaron en aqueles que superen os 60 anos e que serán coñecedores de todos os temas musicais do repertorio.
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio da Xunta na rúa Benito Corbal, Pontevedra
Facultade de Comunicación, Pontevedra
Colexio Calasancio de Pontevedra