Xa pasaron case 10 anos desde que DNX Libros publicase Zodíaco, unha saga de fantasía e ciencia ficción que foi un éxito do New York Times e que conquistou a miles de lectores no noso país. Desde entón, Romina Garber (antes Romina Russell) publicou outros títulos como Lobizona ou Cazadora (Ediciones Urano).

Agora, a autora regresa xunto a DNX Libros e cun romance sobrenatural ambientado en España que narra a turbulenta historia de Ronsel, unha moza que cre perdelo todo e a de Sebastián, un vampiro atrapado nun castelo.

A autora conversará con Ana Domínguez sobre o seu novo libro.

Máis eventos

Ver máis eventos