Contos gringos contén unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas.

A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos. A autora conversará deste libro con Marcos Calveiro o 18 de outubro.

Lara Dopazo (Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Publicou as obras Os lobos na casa de Esaú (2017), Claus e o alacrán (2018) e O axolote e outros contos de bestas e auga (Premio Illa Nova de Narrativa, 2020), entre outras obras. Tamén traduciu para o galego a poeta Antonia Pozzi en Lume branco (2021). Entre 2021 e 2023 viviu en Iowa, fonte de inspiración para esta obra.

Máis eventos

Ver máis eventos