O 'Vermú entre libros' na Libraría Paz acolle a visita do escritor Javier Peña que estará acompañado por Estela Gómez e conversarán do seu último libro Tinta invisible editado por Blackie Books.

Javier Peña é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na delegación do Diario AS en Galicia e nos gabinetes das Consellerías de Cultura e na de Traballo e Benestar.

É autor de Infelices, unha novela sobre o fracaso e a tiranía das expectativas. Codirixiu a web cultural Inorantes, colabora en diversas revistas e publicacións, e imparte talleres de escritura creativa.

Máis eventos

Ver máis eventos