A soprano cubana Dania Diva protagonizará o sábado 4 de xaneiro un concerto do ciclo Entradiñas de Aninovo na Lama.

Actuará na igrexa de San Salvador da Lama ás 19:00 horas.

Presentará o seu concerto 'Luce dell'aria', unha homenaxe a diversos compositores clásicos e modernos nun repertorio operístico.

A soprano afincada en Galicia puxo en marcha xunto co mestre de canto José Pérez Pérez unha serie de proxectos culturais de desenvolvemento de novas e novos intérpretes, como a Asociación de Artistas Vocálitis ou o grupo de concertos Soño de Calíope.

O ciclo Entradiñas de Aninovo é unha actividade posta en marcha pola Deputación de Pontevedra por vez primeira este ano. Formado por 17 concertos, está a levar a distintos espazos culturais e patrimoniais dos concellos da provincia un repertorio clásico, tradicional e popular para desfrutar do Nadal en familia, ao longo do territorio provincial desde mediados de decembro ata mediados de xaneiro. 

Igrexa de San Salvador da Lama

Máis eventos

Ver máis eventos