Desfile Debut 2024
Engadir ao meu calendarioPazo da Cultura, Pontevedra
Pazo da Cultura, Pontevedra
Catorce novas tituladas no mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentarán as coleccións que desenvolveron como traballos de fin de máster (TFM) e coas que optarán aos premios que outorgan a Fundación Bimba y Lola e a Fundación Artesanía de Galicia.
Este desfile será o acto central da décimo oitava edición de Debut, coa que este ano se conmemora o 20 aniversario da posta en marcha da formación en moda na Universidade de Vigo, que arrancou no curso 2004/2005 co título propio de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga), substituído no curso 2017/2018 polo actual mestrado, adscrito á Facultade de Deseño.
A formación é un dos eixes centrais da programación que complementa este desfile e na que se insiren dez talleres e seminarios, dirixidos tanto ao alumnado do máster como do Grao en Deseño.
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio da Xunta na rúa Benito Corbal, Pontevedra
Facultade de Comunicación, Pontevedra
Colexio Calasancio de Pontevedra