A Deputación de Pontevedra recibirá este venres 3 de xaneiro, por primeira vez na súa historia, a visita dos Reis Magos, e todas as nenas e nenos da provincia están convidados a achegarse a vivilo.

As súas maxestades virán acompañados dos seus paxes reais, que os axudarán a recoller as cartas dos máis cativos e tamén repartirán entre a rapazada a ilusión do Nadal e algunha que outra sorpresa.

Antes de pasar pola sede central da institución, os Reis Magos tamén visitarán os nenos e nenas do Centro Príncipe Felipe a partir das 10:00 horas.

O seu paso polo Pazo provincial está previsto a partir das 12:00 horas.

Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos