A 26º edición do programa Noites Abertas oferta de 107 actividades diferentes que se desenvolverán en 183 sesións entre o 31 de xaneiro e o 29 de marzo.

Cociña, deportes, xogos, encadernación, danza, escape room, bordado, música e instrumentos, astronomía, obradoiros creativos son algunhas das múltiples propostas do programa de lecer nocturno impulsado polo Concello de Pontevedra.

Aos espazos habituais como o Froebel, o Local de Música, a Casa Azul ou os campos de herba sintética; sumaranse nesta edición o Muíño da Cancela, o Observatorio de Cotobade e o Cemiterio de San Amaro.

Non é preciso inscribirse, con chegar uns minutos antes é abondo e, no caso de que haxa máis persoas que prazas, farase un sorteo.

Muiñada con degustación de produtos da zona. Muíño da Cancela (Salcedo) 20:00 - 22:00 horas. Parada de San Roque Idades:12-30

Ioga dinámico. 20:00 - 21:30 horas. Casa Azul. Idades:15-30

Espazo Aberto. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:12-30

Pickleball: rei da pista. 20:00 - 22:00  horas. Froebel. Idades:12-30

Midori de cartón: caderno de viaxes. 20:00 - 22:00  horas. Froebel. Idades:12-30

Deseña o teu propio estampado. 20:00 - 22:00  horas. Froebel. Idades:16-30

Trivial a pé sobre a historia de Pontevedra. 20:00 - 22:00 horas. Casa Azul. Idades:15-30

Tenis de mesa libre. 20:30 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Aromaterapia: aceites esenciais para ansiedade e estrés. 21:00 - 23:00 horas. Froebel. Idades:18-30

Esculpe a túa criatura fantástica (escultura narrativa). 21:00 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Bádminton libre. 22:00 - 23:00 horas. Froebel. Idades:12-30

Exprésate: pintura en acción. 22:00 - 23:59 horas. Casa Azul. Idades:16-30

Distintos espazos da cidade de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos