Conferencia "Violencias inVISIBLES", con Emma Larreta
Engadir ao meu calendarioSede Afundación, Pontevedra

Sede Afundación, Pontevedra
O vindeiro 25 de marzo a Sede Afundación Pontevedra, acollerá a conferencia "Violencias inVISIBLES" con Emma Larreta, que tamén dá nome ao proxecto que lidera e co que acaba de ser galardoada co Premio Solidario ONCE 2024.
Emma construíu este traballo para concienciar á sociedade, e concretamente ás xeracións máis novas, a través da súa experiencia como supervivente dunha agresión machista que lle deixou secuelas físicas permanentes.
Transforma o seu testemuño nunha potente mensaxe de concienciación, resiliencia e superación.
A través da súa historia e da proxección do documental Ama-das, a conferencia busca xerar un espazo de reflexión e toma de conciencia contra a violencia machista nas súas distintas formas.
Encontro para todos os públicos, especialmente indicado para adolescentes, docencia e familias. Inscrición gratuíta AQUÍ
Esta conferencia enmárcase dentro do programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos. As persoas que asistan a este evento están convidadas a traeren unha doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto, destinados ao banco de alimentos local.
Sede Afundación, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Facultade da Comunicación. Campus universitario. Pontevedra