A investigadora Montserrat Fornells, especialista na súa obra, analizará a relevancia na súa produción do ‘Retrato de nena de Atzara’, conservado no Museo de Pontevedra.

Este óleo de 1908, exposto nas salas dedicadas á pintura española contemporánea do Edificio Castelao, é un exemplo do traballo que o artista desenvolveu na illa italiana de Sardeña, onde fundou a "Scuola di Atzara", unha escola costumista que seguiría os seus pasos.

Montserrat Fornells Angelats é licenciada en Historia da Arte pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Historia da Arte pola Universidade do País Vasco. Museóloga e crítica de arte pola Universidade de Florencia (Italia), é tamén catedrática emérita do Instituto Usandizaga de San Sebastián.

Máis eventos

Ver máis eventos