Relatorio a cargo do exsecretario do Museo de Pontevedra, Xosé Fuentes Alende, quen disertará sobre 'Os exvotos na relixiosidade popular de Galicia'.

Na súa intervención, o mestre e licenciado en Xeografía e Historia, analizará algunhas prácticas de carácter curativo ou preventivo realizadas nos santuarios galegos ou en lugares considerados sagrados.

Tamén tratará as accións tradicionais de tirar pedras ao tellado de San Cibrán ou pasar por debaixo do altar en san Bieito de Lérez, explicando a evolución dos exvotos ao longo da historia.

Máis eventos

Ver máis eventos