Conferencia: "Estado de benestar en perspectiva de xénero: Falamos dunha expropiación?"
Engadir ao meu calendarioCentro Social do Gorgullón, Pontevedra

Centro Social do Gorgullón, Pontevedra
A Asociación veciñal Eduardo Pondal organiza unha palestra titulada "Estado de benestar en perspectiva de xénero: Falamos dunha expropiación?" que impartirá a conferenciante Victoria Canoura Leira, docente da Universidade de Vigo, e na que tamén intervirá a presidenta desta asociación Begoña Mallo.
Haberá un espazo para o debate despois da exposición.
Victoria Canoura Leira exerceu como docente de módulos de igualdade de xénero en formación ocupacional e para o emprego dende o ano 2010. No 2014 inicia o seu labor como profesora da Universidade de Vigo da que é, dende o 2017, profesora asociada da área de ciencia política. Imparte materias como: políticas públicas, política social europea, políticas sociais, políticas públicas en España ou gobernos locais entre outras,dentro das titulacións de Grao en Dirección e Xestión pública (campus de Pontevedra) e Grao en Traballo Social (campus de Ourense).
Centro Social do Gorgullón, Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra