O investigador e físico Anxo Vidal falará dos instrumentos científicos relacionados coa provincia de Pontevedra e, especialmente, do que nos ensinan sobre a relación entre o coñecemento científico e o seu contexto histórico, social, político, económico e cultural.

Como explica Vidal, un ciborg é un ser cunha parte humana e outra tecnolóxica que se potencian mutuamente. Cada vez que interactuamos cun instrumento científico convertémonos, momentaneamente, nun ciborg con capacidades potenciadas, capaces de ver, escoitar ou facer o que sos non poderiamos. Nos últimos dous séculos, persoas, institucións e empresas da provincia de Pontevedra deseñaron, usaron ou sufriron a acción de instrumentos científicos. Desde os instrumentos de medición topográfica utilizados polo portense Domingo Fontán na carta xeográfica de Galicia, ata o tóxico DDT producido na porriñesa
Zeltia para o control de pragas agrícolas nos anos do franquismo, pasando polo teodolito do astrónomo lalinense Aller Ulloa.

A relación humano-máquina produce coñecemento científico, transfórmanos e transforma o mundo no que vivimos.

Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos