Tras recibir asesoramento sobre as súas composicións, melodías e arranxos, gravar as súas maquetas en formato MP3 e editar un vídeo musical, chega o momento do directo para as tres bandas que participan no Poio Sesións, o programa de aceleración musical impulsado polo Concello de Poio.

Fol de Lume, na categoría de música folk, Caos Harmónico, en música rock, e Arroww, como música urbana-electrónica, subiranse ao escenario da Seca, por onde tamén pasarán todas as persoas que formaron parte da primeira edición deste proxecto, e incluirá ademais a proxección dos vídeoclips que se gravaron por diferentes espazos do municipio.

Carpa na Seca, Poio

Máis eventos

Ver máis eventos