O Conservatorio CMUS Manuel Quiroga celebrará a súa Gala de Nadal coa solidariedade por bandeira, xa que a recadación íntegra da venda de entradas – e tamén da fila 0 – estará destinada ao Conservatorio de Utiel, damnificado pola Dina.

As agrupacións de Grao Profesional que participarán neste evento serán a Banda I dirixida por Miguel Dopazo; a Banda II, dirixida por Jose Pérez; a Orquestra I dirixida por Xacobe Lamas; a Orquestra II dirixida por Francisco Mora e o Coro I, dirixido por Cristina Suárez.

Pazo da Cultura, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos