Educateatro Produccións sae dos teatros para estrear Circo de Pinocho, o seu novo espectáculo en formato carpa climatizada con capacidade para 450 persoas en butacas individuais. Ademais, haberá un espazo con servizo de cafetería e instalacións adaptadas para cadeiras de rodas.

Trátase do proxecto de maior envergadura da compañía e está apoiado pola Xunta de Galicia.

Durante as case dúas horas de función, o público acompañará ao boneco de madeira no seu soño de montar un circo. Para iso, Gepetto construirá outras marionetas que, coa maxia da Fada Mimadriña, converteranse en carne e óso para ofrecer números de corda frouxa, malabares, suspensión capilar, acrobacias ou trapecio, acompañados por unha banda sonora orixinal integrada por 20 temas musicais compostos para o espectáculo.

As entradas xa se poden adquirir na web www.circodepinocho.gal e, se non se esgotan previamente, tamén no despacho de billetes da propia carpa desde unha hora antes de cada función.

Haberá catro funcións. O venres a as 18:30 horas. O sábado a as 17:00 horas e o domingo ás 12:00 e ás 17:00 horas.

Máis eventos

Ver máis eventos