Cineclube Pontevedra: 'A última película', de Peter Bogdanovich
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra
Cineclube Pontevedra dedícalle un ciclo a Peter Bogdanovich (1939-2022).
Inspirado na novela homónima de Larry McMurtry e fotografado por Robert Surtees nun fermoso branco e negro aconsellado por Orson Welles, A última película é un dos filmes claves do renacer do cinema estadounidense dos 70 e a obra mestra que consagrou a Peter Bogdanovich.
Década dos 50. A pequena e solitaria localidade texana de Anarene é testemuña dos desprazamentos diarios dun grupo de adolescentes insatisfeitos que afrontan o tránsito á idade adulta. Ao seu redor, o tempo estancado transcorre entre o salón de billar, o café aberto toda a noite e unha vella sala de cine, nunha época en que comezan os recrutamentos para a guerra de Corea e en que o cinema e todo o que representa morre a mans da televisión.
Obtivo 8 nominacións aos Oscar en 1971 e gañou dous deles: mellor actor secundario (Ben Johnson) e mellor actriz secundaria (Cloris Leachman).
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosCafé Moderno Afundación Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra