Proxección da película 'Las bicicletas son para el verano' dentro do Ciclo Jaime Chávarri, Feroz de Honra 2025.

O film poderá verse o venres 27 de decembro ás sete da tarde no Teatro Principal de Pontevedra.

Amparo Soler Leal, Agustín González, Victoria Abril e Gabino Diego, entre outros, protagonizan esta crónica cálida e próxima dunha derrota, adaptando a obra teatral homónima de Fernando Fernán-Gómez.

O 18 de xullo de 1936 ten lugar o golpe de estado que desencadea a Guerra Civil Española.

En Madrid, unha familia formada por un matrimonio e dous fillos comparte os avatares da contenda coa criada e os veciños.

O neno da casa, aínda que suspendeu, quere que o seu pai lle compre unha bicicleta, pero a guerra fará que a compra se aprace indefinidamente.

As entradas son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes e até completar o aforamento. Máximo catro entradas por persoa.

Teatro Principal, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos