A sesión dominical, que comezará ás 18:30 horas, incluirá a proxección de catro curtametraxes destacadas: 'Illa cordura', 'Nena', 'O monstro e a nena' e 'In Half'.

'Illa cordura', de Mario Fernández Filloy, conta a historia dun fareiro que, tras quedar só nunha noite de tormenta, atopa unha carta que o leva aos límites da súa cordura.

'Nena', dirixida por Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias, explora a desestruturación dunha familia tras a morte dunha muller, deixando a unha nena de doce anos a responsabilidade de soster o núcleo familiar.

En 'O monstro e a nena', de Jorge Juan Costas Mira, preséntase un conto escrito por un neno de 5 anos que aborda a intolerancia e a incomprensión, a través da historia dun monstro que causa medo por ser diferente.

Finalmente, 'In Half', de Jorge Morais, narra a viaxe dun home que, tras enfrontarse aos seus medos, debe atravesar un mundo máxico para descubrir a súa verdadeira identidade.

Esta sesión de curtametraxes inclúese no Ciclo Mestre Mateo e busca chegar ao público as obras finalistas dos premios do audiovisual galego.

Máis eventos

Ver máis eventos