Jaime Chávarri, Premio Feroz Audi de Honra 2025, dará a tradicional clase maxistral do homenaxeado pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE).

Compartirá cos asistentes o máis destacado da súa filmografía e as anécdotas acumuladas ao longo da súa traxectoria.

O director madrileño estará acompañado por María Guerra, presidenta da AICE, e polo xornalista cultural Anxo Suances, para repasar a súa carreira e, á vez, realizar unha viaxe pola historia de España e do noso cinema, con traballos arriscados pero tamén con varias das obras máis populares e queridas do cinema español.

As entradas para este encontro especial son gratuítas. As invitacións deben retirarse previamente na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 localidades por persoa.

Ademais, retransmitirase en directo a través da canle de Youtube dos Premios Feroz.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos