O Museo de Pontevedra acolle unha charla didáctica para todos os públicos sobre as artes de pesca e a súa evolución a través da cultura mariñeira galega, a cargo do patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas Otero.

Será o venres 10 de xaneiro ás 17:00 h no Edificio Castelao (Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, Pontevedra).

Esta actividade é o colofón á exposición 'José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis', que se clausurará o vindeiro 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra.

Trátase dunha mostra antolóxica do pintor bueuense José Benito Otero Baena (1925-2017) composta por arredor de 40 óleos e debuxos procedentes do Museo Massó e de coleccións particulares.

Neles pódese apreciar como o artista foi desenvolvendo un estilo persoal e unha linguaxe propia, baseada na importancia da cor.

Edificio Castelao, Museo de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos