Dano Cerebral Galicia, a Federación que reúne ás cinco asociacións desta discapacidade que hai na nosa comunidade autónoma, leva o 9 de abril a Poio unha charla que ten como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na contorna.

Esta sesión informativa está organizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

É unha actividade aberta a todo tipo de público, dunha duración estimada de hora e media no Centro Social Casa Rosada, en Poio.

Aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscribirse. Este trámite pode realizarse chamando ao 986 872 401 (Servizos Sociais de Poio).

Centro Social Casa Rosada, Poio

Máis eventos

Ver máis eventos