A San Silvestre de Pontevedra celebrarase o día 31 de decembro con saída ás 17.00 horas desde Raíña Vitoria e un percorrido de case 4 quilómetros que continuará por Antero Rubín, Iglesias Vilarelle, Alcalde Hevia, Augusto García Sánchez, praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, praza da Peregrina, Real, Serra, Padre Amoedo, Bos Aires, Uruguay, Galera, Arcebispo Malvar, Praza España, Michelena, Gutierrez Mellado, parque das Palmeiras, Avenida Montero Rios.

Haberá premios para os tres primeiros en chegar a meta e para o mellor disfrace individual e colectivo.

A partir dás 16.15 horas, na liña de saída, celebrarase unha masterclass de zumba.

O custo de inscrición será a achega de, como mínimo, un quilo de alimentos non perecedoiros.

Será xa a 41 edición da carreira, que aspira a achegarse o máximo posible ás cifras que manexaba antes da pandemia.

O pasado ano foron 5.412 os dorsais retirados, e a Sociedad Gimnástica márcase como obxectivo estar por riba desa cifra.

Avenida de Raiña Vitoria, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos