Tras máis de medio centenar de actuacións este ano por toda Europa, o grupo galego Caamaño & Ameixeiras actuará na sala Crazzy Kray de Cambados.

Baixo o nome de "Quitar o aire", Caamaño & Ameixeiras están inmersas nun percorrido por máis de media decena de países europeos nos que están a presentar o seu disco homónimo. 

O grupo galego chega a Cambados despois de numerosos concertos por Portugal, Francia, Bélxica, Países Baixos ou Austria.

Tamén foron protagonistas de festivais galegos como o Festival da Luz, o Festival Revenidas ou o Trad Fest. 

Máis eventos

Ver máis eventos