O auditorio municipal de Vilagarcía volve vestirse de gala coa chegada do Ballet Clásico Internacional, unha formación que ten recibido numerosos recoñecementos e da que forman parte artistas que foron primeiros bailaríns en Rusia, China, República Checa, Moldavia e outros.

A obra a representar é unha das referentes da música e a danza clásicas: "A Bela dormente", con partitura de Tchaikovsky e cun argumento baseado no coñecido conto de Perrault.

O espectáculo, producido en colaboración con European Classical Ballet (República Checa) e o Ballet de Milán, ten unha duración de dúas horas, cun descanso de 10 minutos. 

Auditorio municipal de Vilagarcía

Máis eventos

Ver máis eventos